Neggy Meets Sammy, en OfestivalON (2010, Ribadeo)

Neggy Meets Sammy foi seleccionada para OfestivalON de Ribadeo, que se celebrará os días 29, 30, 31 de xullo e 1 de agosto. Tras recibir case 500 pezas de lugares tan dispares como Sudáfrica, Irán, Brasil, Arxentina, Reino Unido, Australia, Italia, Francia, Alemaña, Suíza e mesmo Corea, a selección das curtas amosará o mellor do panorama galego, español e unha selección do que se está facendo polo resto do mundo. Pódese atopar máis información na páxina www.ofestivalon.com

