Neggy Coñece A Sammy
2009, Curtametraxe de Animación
En Producción

SINOPSIS
Unha nena vive feliz na súa casa grande, estraña e vella a carón do mar. Ata agora, afortunadamente para ela, vivía sen influencias dramáticas dos seus irmáns. Eles aínda foron moi pequenos para querer empezar coas súas propias aventuras. Pero chega o día cando un dos irmáns pequenos comece a sentir a necesidade de investigar pola casa e de coñecer mellor a súa irmá máis vella. O irmán pequeno ten a súa personalidade en crecemento, e decide que quere coñecer outras cousas e outras partes da casa grande, estraña e vella ó lado do mar. Isto crea unha tensión coa irmá maior, que xa ten toda a casa investigada, e onde ata agora, todo os recunchos máis pequenos e todo os sitios máis xeitosos eran tan só súas. De feito, rexeita a responsabilidade que ten sobre o irmán máis novo. O problema ocorre cando ela non entende por que o seu irmán menor quere ver e experimentar as cousas por si mesmo. Aínda non entende que a familia ten que compartir as cousas para poder convivir felizmente na casa grande, estraña e vella ó lado do mar.
A continua inquietude do pequeno causa un enfrontamento e os irmáns, coma todos os irmáns, chegan a anoxarse. Neste caso cada un parte por un lado distinto da casa a buscar consolo no seu propio mundo e de non ter que afrontar o cambio.
Aquí chega a maduración. A capacidade de aceptar os cambios e de adaptarse ás novas circunstancias.
Moitas veces é o orgullo que bloquea os nosos avances sentimentais. Son tres pasos que xogan un papel importante na procura da reconciliación.
Dicir “Síntoo” só é o primeiro paso, é importante continuar con
“Foi culpa miña” e, finalmente, o paso máis importante, “Que podo facer para amañalo?”
Alguén dos dous vai ter que dar este primeiro paso camiño á reconciliación se van querer estar feliz e convivir na casa grande, estraña e vella a carón do mar. Neste caso a responsabilidade cae na irmá maior. É esta a lección en concreto que dá paso á madurez dela e da comprensión sobre a importancia dun núcleo familiar feliz.
Que aprende o pequeno? A confianza. Ás veces hai que confiar nas outras persoas. Pode que te salven dalgunha queimadura!!!

