(Production)**

























O PROXECTO
Neggy coñece a Sammy é un proxecto dunha curtametraxe de animación para todos os públicos. Un proxecto didáctico onde unha historia sobre uns irmáns vai crear momentos emocionantes para nenos e pais á vez! Un proxecto para todos os públicos,que poidan compartir o tempo en familia. Influenciado polos contos e debuxos de Tim Burton como exemplo : A morte melancólica do neno ostra que usa a poesía para afondar e crear un estímulo centrado nun público adulto sen desvincularse do vocabulario simple para manter o interese infantil.  Outras influencias poden ser o Neo-romanticismo e as poesías de Vicente Pío Marcelino Cirilo Aleixandre y Merlo o poeta Sevillano, que dentro das súas obras surrealistas celebra o amor como a forza natural ingobernable, que destrúe todas as limitacións do ser humano. As súas poesías realzan a beleza da natureza con simbolismos que representan a terra e o mar.

Unha Banda Sonora orixinal para acompañar o proxecto con influencias do movemento musical Neo-Romántico. Un son que mestura un son claramente gótico con outros alegres ou optimistas. O seu fin será atraer as sensacións nostálxicas dun público adulto e introducir o público máis novo.

O CONTO

A primeira capa deste proxecto de curtametraxe de animación céntrase nun conto de nenos. Un conto sobre como aceptar a aparición doutros membros da familia. Arrinca o conto coma case todos os contos na nosa infancia.

Érase unha vez unha nena feliz, vivía no seu mundo feliz e bonito pero non con perdices! Claro, así foi ata que chegaron outros seres para amolar a súa vida perfecta! Como por exemplo; a chegada dun irmán novo!  Ao principio cando son moi pequenos non hai case ningún problema, o único que fan é durmir, comer, chorar… Volven  durmir, volven  comer, volven  chorar. Pero chega o día cando estas pequenas persoas comezan a pensar por si sos, empezan a camiñar e queren descubrir por eles mesmos as cousas do mundo e do seu arredor. A curiosidade. O perigo achégase. Quen non escoitou de pequeno “Non toques isto, queima.”?

Pero a maioría dos irmáns máis novos aínda non saben que significa “queimar” ata que o descobren, ata que o tocan e o senten. Hai cousas que se aprende por experiencia propia!! Mesmo ás veces se consegue unha queimadura para lembrar a experiencia! Non? Hai que aprender a confiar nos demais.

Tamén aparece outra palabra nova; a responsabilidade. Hai que coidar os curiosos irmáns pequenos. Non é tan fácil. Primeiro hai que aceptar esta responsabilidade e facerlles comprender que non sempre hai que aprender por experiencia propia, tamén se pode aprender dos demais! Como se ensina? Hai que amosar confianza.

Outra palabra; Convivir. Conseguir adaptarse a unha harmonía compartida en familia é moito mais difícil que parece. Especialmente cando acabas de atopar co teu espazo persoal, e gustar ser o centro do teu mundo. Como non?  Vivir nun mundo secreto onde todo no seu interior é perfecto chamase a utopia para os adultos! Un espazo non-existente fóra da imaxinación pero presente no contorno dun neno ou nena! Un paso difícil é chegar a comprender e aceptar as imperfeccións dos demais.

Aquí parece que tes todas as de perder! Pero o núcleo familiar é unha cuestión de ceder independencias para gañar historias e aventuras en común. Baséase na comunicación. Este proxecto intentará axudar a dar este paso como se fose un conto de fadas pero sen as ás.

O SUB-TEXTO

A segunda capa e a máis sub-textual. Trátase do amor, do romance e das relacións en parella! Claro, hai moitos tipos de amor pero todos son esenciais. Aquí o amor é coma os primeiros momentos cando dous estraños, por circunstancia, teñen que compartir o tempo xuntos. As primeiras impresións son sempre son as duradeiras! As visións e opinións que temos de cada persoa poden e deben de cambiar. Dándose de conta de que somos persoas reais, logo especiais e finalmente esenciais. De cambiar as perspectivas, de compartir e de comunicar. Trátase de aprender a apreciar estas diferenzas que temos todos. Para citar a Goethe : “O amor é a arte de envellecer xuntos”.

Este proxecto é unha historia que fala do amor como un estado de alteración de sentimentos. A mesturar a desorientación e o rexeitamento coa intensidade traxicómica da maduración persoal. É simplemente, unha boa historia sobre dúas persoas que se coñecen baixo circunstancias distintas e non se caen ben. Aínda que gradualmente ambos se decatan de que consolidaron unha admiración,respecto e necesidade mutua. Coma o viño e o queixo, o amor e as persoas, a veces, son mellores cando lles das tempo para madurar.

Old becomes new






Good old days

theHouse

neggy

sammy

kitchen

colorScreenShot

The Characters (Personaxes)

O Antropomorfismo dos protagonistas é un xogo de disfraces. É unha metáfora sobre a necesidade de mirar máis por dentro das persoas para atopar os sentimentos verdadeiros.

Introducing: NEGGY

neggy

SS…SAMMY

sammy

THE MOUSE?

Sorry but at the the moment she has disappeared and we can’t find her:)

And they all live in a nice little house beside the sea:
Front

fronthouse

Back

backHouse

The Shopping list:

LightBulb

LightBulb

Doors

Doors

FirePlace

FirePlace

Kitchen

Kitchen

Stairway

Stairway

WashingMachine

WashingMachine

Wooden Floor

WoodFloor

Tiled Floor

TiledFloor

Sofa

Sofa

Cupboard

Cupboard

A Bin

ABin

ArmChair

ArmChair

Bed

Bed