Neggy Meets Sammy, en OfestivalON (2010, Ribadeo)

Neggy Meets Sammy, en OfestivalON (2010, Ribadeo)

Neggy Meets Sammy foi seleccionada para OfestivalON de Ribadeo, que se celebrará os días 29, 30, 31 de xullo e 1 de agosto. Tras recibir case 500 pezas de lugares tan dispares como Sudáfrica, Irán, Brasil, Arxentina, Reino Unido, Australia, Italia, Francia, Alemaña, Suí­za e mesmo Corea, a selección das curtas amosará o mellor do panorama galego, español e unha selección do que se está facendo polo resto do mundo. Pódese atopar máis información na páxina www.ofestivalon.com