Untitled#5, na 3ª Muestra de Cine Experimental y Videoarte La Bicicleta Azul (2010, Albacete)

Untitled#5, na 3ª Muestra de Cine Experimental y Videoarte La Bicicleta Azul (2010, Albacete)

cientosDeCerillas

A peza de srMundo Untitled#5 (Cientosdecerillasquemadassobreunviejomanteldehule) foi seleccionada para formar parte da 3ª Muestra de Cine Experimental y Videoarte La Bicicleta Azul (2010), que se celebrará os dí­as 18, 19 e 20 de xuño de 2010, ás 20:45 Horas, na Filmoteca de Albacete (Cine Capitol). O primeiro día proxectarase The Passing (O Tránsito), unha das obras mestras de Bill Viola e, posiblemente, a peza de videoarte máis importante dos últimos anos. Os días 19 e 20 proxectaranse, tamén ás 20:45 Horas, traballos de artistas tanto consolidados coma emerxentes dentro do mundo do videoarte. Pódese consultar o programa aquí, e tamén atopar máis información nesta páxina.